top of page

PROCESO

Chegou o momento de comezar a fedellar!!

Aquí abaixo vos deixo diferentes actividades que podedes realizar para  aprender e poñer en práctica todo o que sabedes sobre a miña historia e xeografía.

​

A primeira actividade que vos deixo é  un sinxelo crucigrama sobre a xeografía de Galiza; premendo en cada número atoparedes unha pista, ven de imaxe, de audio ou simplemente unha frase que vos axudará a descubrir que palabra se atopa detrás de cada hoco. 

A segunda actividade é por equipos, teres que formar 4 equipos, e todos xuntos contestar ás preguntas sobre a historia de Galicia, e o equipo que máis lonxe chegue na carreira espacial, gañará!!

A seguinte actividade consta dun mapa interactivo no que aprenderedes as diferentes comarcas da provincia de Pontevedra. 

A actividade que vos presento a continuación é unha actividade empregando a robótica.

Vos dividiredes en grupos de 4 ou 5 compañeiros, e cada un dos grupos teredes un taboleiro, un dado, unhas fichas e un robot como os que vedes na imaxe de abaixo.

Para comezar, por turnos teredes que tirar un dado, que vos dirá se vos toca unha pregunta de xeografía ou de historia, e a continuación un dos vosos  compañeiros vos dirá unha pregunta e colocará as diferentes respostas no taboleiro e vos teredes que levar o blue-bot á resposta correcta.

Abaixo tedes un vídeo no que se explica o funcionamento do robot. 

Por último, vos presento a última actividade. Trátase dun rosco no que aparecen recollidas múltiples palabras de Galicia, xa sexan da súa xeografía, da súa historia, ou de costumes desta terra. Espero que vos sirva para entretervos e acabar de repasar o que aquí queríamos traballar. 

bottom of page