Ola!! Hoxe vemos a falarvos do chamado "Visual Thinking"
Para comezar vouvos explicar que é isto, pois ben, o "Visual Thinking" é unha técnica metodolóxica que nos serve para organizar e representar os pensamentos mediante debuxos. É unha metodoloxía que non empregaremos de forma illada, senón que formará parte dunha variedade de aproximacións. Isto suporá un gran enriquecemento para os nosos alumnos xa que atenderá ás intelixencias múltiples, ás súas necesidades individuais e estilos de aprendizaxe.
Esta metodoloxía ten diversos beneficios, como que permite ver a información dende un punto de vista global, mellora a memoria, a atención e a concentración, promove a reflexión sobre o propio aprendizaxe, etc.
Para poder implementar esta metodoloxía na aula precisamos duns elementos básicos como poden ser debuxos de personaxes e obxectos, tipografías, recursos como marcos, viñetas, frechas, etc.
Persoalmente paréceme unha metodoloxía moi interesante, creo que pode espertar moito interese e motivación no alumnado xa que é unha forma diferente de ver os contidos, ademáis considero que para eles pode ser máis facil memorizar as cousas e comprendelas cando van acompañadas de debuxos que as representen e cousas semellantes. Otra vantaxe que eu lle vexo, e que é un recurso que podemos empregar tanto de forma física como dixital, cousa que ven estupensa tendo en conta a época na que nos atopamos.
Comments