top of page
Buscar
luscofuscasb3

Quenes somos?

Actualizado: 1 mar 2021



Ola!! Chámome Elena e son profe de Educación Primaria, nesta primeira entrada do blog voume presentar para que me coñezades un chisquiño mellor, son unha das dúas integrantes deste novo proxecto.


Son galega, de Vigo concretamente, e son unha apaixonada da historia e a xeografía, e por iso cando tivemos a oportunidade de comezar esta nova aventura non mo pensei dúas veces, que mellor forma de desfrutar da xeografía e a historia que dando a coñecer a miña terra.


Ademais, como profe paréceme moi interesante, ademais de importante, introducir este tipo de recursos, como o blogue, nas aulas, xa que tendo en conta o tempo no que estamos, paréceme imprescindible que ensinemos os noso nenos dende pequenos para usar estas ferramentas e, sobre todo, para facelo de forma segura e responsable.


Persoalmente, fago uso as TIC dende os meus tempos escolares, ao longo da miña carreira e tamén no traballo, e paréceme un recurso estupendo e importante.


Dito isto, espero que este novo proxecto vos guste e o desfrutedes tanto como nós.


Deixovos unha preciosa imaxe da nosa increíble Ría de Vigo






31 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Creándo recursos sen parar!

Ultimamente estamos moi activas e ilusionadas cos nosos proxectos, tanto que nos atrevimos a realizar un vídeo no que explicamos unha...

Unha nova aventura...

Benvid@s de novo, esperamos que non vos esquecérades de nós aínda que pasasemos un tempo algo desconectadas do blog, pero prometemos que...

Comments


Publicar: Blog2_Post
bottom of page