Probablemente, o que peor levamos hoxe en día coas TIC é a desorganización que as veces nos supoñen estas, polo que hoxe gustaríanos compartir convosco unha ferramente que vos permitirá cortar este problema de raíz.
O seu nome e Symbaloo, e ao noso parecer é, unha vez que lle botas un vistazo, bastante intuitiva, polo que consideramos que pode ser empregada tanto polos cativos para organizar os seus xogos en rede e as súas plataformas para realizar traballos por internet, como para os pais e os docentes para organizar todo aquilo que normalmente teñen tan desperdigado que nin o atopan.
Pois ben, esta ferramenta é un servizo que actúa a modo de escritorio virtual personalizado. Así, esta aplicación permite engadir multitude de webs, aplicacións, blogs, etc, que se atopan en internet, e que ti podes ordear ao teu gusto, como por exemplo creando carpetas en base as funcións dos recursos, cambiandóllle a cor a estas para que sexa máis visual, etc. A pesares disto, como todo, tamén ten algúns problemas, como que non se poder gardar documentos pdf ou imaxes, polo que vos ofrecemos tamén algunhas alternativas semellantes como Pearltress, que é igualmente bastante intuitivo e mesmo permite compartilo con máis persoas, ou outros como Mindmeister, que é un pouco diferente porque organiza as aplicacións e recursos en forma de mapas mentais, pero cuxo uso é o mesmo.
Deixovos unha imaxe do noso Symbaloo, a pesares de que aínda queda moito para completalo satisfactoriamente. Esperamos que vos sirva de axuda, ata pronto!
Comments